O concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron, explica que se trata “dunha mostra de réplicas de instrumentos medievais elaborados no Centro de Artesanía e Deseño da Deputación Provincial de Lugo. Ao lado de cada instrumento aparece un código QR que ofrece a oportunidade de escoitar os sons de cada instrumento. Tamén se expón un salterio que os visitantes poderán manipular para escoitar o seu son en directo”. Esta exposición estará aberta de luns a venres na Sala de Exposicións do Concello de Lourenzá ata o 18 de marzo.
Este xoves, 3 de marzo, ás 12:30 horas inaugúrase a exposición A memoria do son no Concello de Lourenzá
Este xoves, 3 de marzo, ás 12:30 horas inaugúrase a exposición A memoria do son no Concello de Lourenzá
Relacionado
-
O PP advirte que “o goberno local sube a contribución e a taxa da auga en Lourenzá en torno a un 25%”
-
O PP de Lourenzá insta ao goberno municipal a tomar medidas para o control da praga de pombas no centro de Vilanova
-
A limpeza dos ríos, petición do PP laurentino á Xunta “ante a pasividade do goberno local socialista”