Site icon Crónica3.com A Mariña

Este sábado preséntase “Jakobsland”, ambientada na costa de O Vicedo, 1ª curtametraxe viquinga do mundo que se financiará con Tokens

Compostela, 10 de marzo, 2022. Preséntase en Santiago “Jakobsland”, a primeira curtametraxe galega que se cofinanciará a través da venda de Tokens de utilidade e NFT.

Tokenizar unha curtometraxe supón unha grande alternativa aos métodos tradicionais de financiar producións artísticas xa que implican no proceso a toda a comunidade.

Jakobsland é un proxecto audiovisual de Queiman e Pousa, dirixido por Roque Cameselle que nace froito da conmemoración, cada ano, da chegada dos viquingos a O Vicedo. Unha historia conmovedora: épica, emotiva, entretida e además, permite coñecer unha parte da nosa riqueza cultural bastante descoñecida e pouco tratada polo cine español.

Reparto: Isabel Blanco, Alfonso Agra, Serxio Pazos, Bruxo Queiman, Andrea Pousa e a
presencia de actores internacionais como Paul Kavanagh, actor de Vikings e de Xogo
de Tronos e participante activo en máis dunha ocasión na Romaxe Viquinga; Tim
O’Sullivan, actor de Xogo de Tonos e Viking Empire.

BREVE SINOPSE:
“Galicia, ano 968. Unha muller rescata a un normando malferido entre os restos dun
naufraxio. A pesares das reticencias dos señores da cidade, dalle acubillo na súa casa.
Ela non o sabe, pero o extranxeiro garda un segredo que pode salvar ao seu pobo.”
O patrocinador oficial é O Concello de O Vicedo. Tamén se conta coa colaboración da
Xunta de Galicia, Fundación Mondariz-Balneario, Red Mundo Atlántico, Concello de
Mañón e de diferentes establecementos locais como Restaurante Casa Fanego,
empresarios e institucións comprometidos coa cultura e coas raíces.

Exit mobile version