Site icon Crónica3.com A Mariña

Encontro con Bibiana Candia na libraría Bahía

Foz, 15 de marzo, 2022. Bibiana Candia, autora da novela AZUCRE vai estar o luns día 21 de marzo na Mariña facendo unha doble visita. Na Biblioteca de Alfoz ás 18:00h. Na Librería Bahía de Foz ás 20:30h

Este dobre encontro xurde da colaboración de dous clubs de lectura: o que dende hai xa dous anos está funcionando en Alfoz promovido polo Concello e A carón dos libros, o club que puxo en marcha a Librería Bahía de Foz hai un mes.

Os encontros organizados desde os clubs de lectura son abertos para todo o público.

Azucre é unha novela baseada no episodio histórico que foi a venda por parte dun potentado galego afincado en Cuba, Urbano Feijoo Sotomayor, de preto de 2.000 mozos galegos como escravos para traballar nas plantacións de caña de azucre.

Bibiana Candia recrea este episodio, e dalle humanidade centrándoo na historia dun grupo de rapaces que quen lee vai coñecendo e querendo ao longo do relato: desde que salen da súa aldea cheos de medo e de ilusión ata o final, que non vai ser igual para todos eles.

Escrita cunha linguaxe poética, en fragmentos cortos, con moita precisión narrativa é unha novela que atrapa desde o primeiro momento e fica con nós logo de rematar de lela.

Editada por unha editorial pequena, Pepitas de Calabaza, está tendo un enorme éxito, polo que ter a posibilidade deste encontro coa autora aquí, na Mariña, é unha oportunidade que cómpre non deixar pasar.

Exit mobile version