Site icon Crónica3.com A Mariña

Eliseo Álvarez e Juan Carlos Oroza, con rifas entregadas en Farmacia Mª Eugenia e Fauna, foron os gañadores das dúas experiencias sorteadas por Acisa na campaña do día do pai

Ribadeo, 28 de marzo de 2022. Xa se coñecen os nomes dos gañadores da campaña do día do pai, da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos ribadense.

Tras concluír o prazo para reclamar os premios do día do pai sorteados por Acisa Ribadeo, dous xa foron entregados. Eliseo Álvarez Rolle, de Ribadeo, e Juan Carlos Oroza Menéndez, de Serantes, coas rifas 3178 e 3465, entregadas en farmacia Mª Eugenia e en Fauna, foron os gañadores das dúas experiencias sorteadas na campaña, que gozarán dunha experiencia de pura aventura a escoller entre máis de 5.500 actividades e de 2 días de desconexión, que constan dunha noite de aloxamento e almorzo para dúas persoas, a elixir entre 2.800 destinos nacionais.

A outra papeleta (rifa 290, entregada en Saia) tras non reclamarse o premio quedou anulada e procedeuse a realizar de novo o sorteo, tal e como contemplaban as bases da campaña.

Desde Acisa subliñan que “los premios pueden reclamarse hasta el próximo lunes, 4 de abril, en las oficinas de Acisa Ribadeo de 09:30 a 14:30 en la calle San Roque 57 – bajo. Y aunque esté cerrado nuestro local, pueden llamar al 672 24 82 26. De no aparecer ganadores para este premio de 100 euros en vales de compra se dará definitivamente por desierto”.

O número premiado no novo sorteo foi o 2277, que foi entregado en Centro de Lecer Con Sentidiño.

Desde Acisa confían en poder entregar este premio. E lembran que o sorteo pode verse no Facebook @ acisaribadeo.

Exit mobile version