Site icon Crónica3.com A Mariña

Ducias de persoas dixeron non á guerra en Ribadeo

Ribadeo, 10 de marzo de 2022. Ducias de persoas acudiron á concentración celebrada este xoves nas inmediacións do Concello de Ribadeo, en contra de guerra contra Ucraína e para amosar a súa solidariedade co pobo dese país.

Na quenda de intervencións tomou a palabra Beatriz Irigoyen, nai de acollida dunha rapaza ucraína e dixo que “nada justifica un bombardeo contra los hospitales, las viviendas, las mujeres y hombres, niñas y niños que caminan huyendo del terror por las carreteras bajo la nieve. Exigimos el alto inmediato a estos ataques cobardes y asesinos. En nombre del género humano, no dejaremos de indignarnos, gritar y condenar la salvaje agresión, la masacre del ejército ruso a la población ucraniana. Por encima de cualquier cuestión política, están los derechos humanos, la dignidad y la vida de los seres humanos. Ni hipocresía, ni cobardía, ni cinismo, ni hacerse la víctima. La víctima es el pueblo ucraniano. Por eso pedimos apoyo inmediato e integral a todos los gobiernos del mundo,  tal y como está haciendo heroicamente la población civil europea”.
Irigoyen, en nome da asociación veciñal de Ribadeo Non á Guerra, pediu solidariedade absoluta e sen reservas para o pobo ucraíno e rematou co berro de: “no a la guerra”, “no y no a la guerra”.

Tamén participou na convocatoria Oksana, unha ucraína que vive en Ribadeo e que hai uns días se achegou á fronteira en Polonia para recoller á súa filla e ao seu neto. Esta muller, moi emocionada, deu as grazas pola onda de solidariedade que desde toda Europa está a chegar ao seu país.

Veciñanza de Ribadeo, representantes de Acisa e de todos os partidos políticos con representación no Concello ribadense se deron cita na concentración de hoxe.
A asociación veciñal de Ribadeo Non á Guerra informará das vindeiras convocatorias e accións a realizar.

Exit mobile version