Site icon Crónica3.com A Mariña

Dúas persoas resultan feridas, unha delas foi excarcerada, ao saírse da vía o coche no que circulaban en Cervo

Cervo, 12 de marzo, 2022. Dúas persoas necesitaron asistencia a pasada noite despois de que o coche no que circulaban rematase fóra da vía en Cervo, á altura da parroquia de Rúa.

Unha das persoas que resultou ferida no accidente tivo que ser excarcerada polos servizos de emerxencia, despois de quedar atrapada no interior do vehículo por mor do impacto, para que fose atendida polos servizos sanitarios desprazados.

O sinistro tivo lugar ao fío das tres. A esa hora, o 112 Galicia recibiu a alerta da saída de vía do turismo a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Axiña, desde o CIAE 112 Galicia solicitouse a intervención dos Bombeiros de Viveiro, do GES de Cervo e da Garda Civil de Tráfico. Ademais, informouse aos Bombeiros de Barreiros.

Exit mobile version