Lugo, 7 de marzo de 2022. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo presenta o proxecto “De muller a muller” integrado por corenta e oito entrevistas realizadas a mulleres de sectores moi diversos que residen en distintos núcleos poboacionais do medio rural que se difundirán na web e nas redes sociais desde este 8 de marzo. Na contorna do Día Internacional das Mulleres Traballadoras, esta iniciativa, cunha clara perspectiva de xénero, incita ao compromiso co medio rural desde o feminismo, cunha forte implicación respecto do repoboamento.
A través das experiencia vitais e das reflexións das entrevistadas, recollidas pola psicóloga e educadora Laura Pardeiro, autora do blog “Leiras e Marcos”, o proxecto ofrece modelos femininos no medio rural como unha resposta á necesidade que presenta a mocidade de configurar a súa identidade persoal e profesional, alén de difundir un rural innovador, diverso, tolerante e inclusivo. Desde as aldeas do interior, ata a montaña ou ben a costa. Desde o sector pesqueiro, automobilístico, gandeiro ou forestal, a outros tan diversos como o marketing, a arte, a hostalaría, a ensinanza, a artesanía ou a música. Sectores tradicionalmente masculinos onde as mulleres xa son unha realidade, ocupando espazos que lles foron historicamente privados, e sectores femininos totalmente invisibilizados e infravalorados polo baixo prestixio sociocultural ligado ás profesións, remuneradas ou non, que tiñan que ver coas mulleres.
Corenta e oito mulleres das distintas comarcas narran a través dun formato de entrevista as súas experiencias persoais positivas como un xeito de minimizar os sesgos negativos que non se corresponden na súa meirande parte co devir cotiá. Desde a Vicepresidencia da Deputación de Lugo apóstase por dar visibilidade a historias de vida apegadas á terra e transgresoras co sistema de dominación masculina, tratando de reverter a percepción que se ten habitualmente sobre o medio rural para converter esta opción nunha oportunidade válida vencellada ao lugar de orixe.
A vicepresidenta Maite Ferreiro sinalou que “a difusión destes contidos supón unha reivindicación das distintas maneiras de vivir, presentando referentes en multitude de comarcas lucenses para trocar clichés sobre a muller no medio rural e posibilitar que a mocidade recolla o relevo xeracional e desenvolva os seus proxectos profesionais e persoais en lugares cheos de oportunidades.”
As mulleres que participan do proxecto responden a cuestións relativas á súa biografía, á visión da empregabilidade da muller no rural, ás opinións que lles merecen o sector primario e a cultura nestes espazos máis pequenos, á identidade rural e a un despoboamento acuciado pola falta dunha rede de servizos públicos de calidade descentralizada.
Historias de mulleres imprescindibles para o noso presente e futuro.
Branca Villares (Baralla), Cultura tradicional
Amelia Amigo (Noceda de Cervantes), Centro de Desenvolvemento Rural dos Ancares
Ana Díaz (As Pontes de Gatín – Becerreá), Márketing – Comercio electrónico
Ana Meitín (Portocelo – Xove), Percebeira
Anjhara Gómez (Vilanova – O Corgo), Reposteira
Antía Fernández (Sarria), Panadeira
Carlota Pérez (O Pincelo – Chantada), Turismo rural
Chelo López (O Páramo), Queixeira
Chusa e Carmela (O Coto – Palas de Rei), Industria agroalimentaria e cosmética natural
Cristina Fernández (O Cadramón – O Valadouro), Traballos forestais
Cristina Román (San Simón da Costa – Vilalba), Queixeira
Cándida Rodríguez (Fiolleda – Monforte de Lemos), Veterinaria
Dora Cabaleiro (Negueira de Muñiz), Sector Agrogandeiro
Mª Elena Martínez (Mondoñedo), Grupo de Desenvolvemento Rural da Mariña
Esther Teijeiro (Nogueira), Propietaria de adega na Ribeira Sacra
Iria Castro (Castroverde), Tradutora
Iria Vázquez (Vilalba), Sector Automobilístico
Isabel Calvete (San Román de Cervantes), Axente forestal
Isabel Gómez (Burgo de Negral – Friol), Sector Primario
Isabel Vilalba (Lourenzá), Gandeira, Secretaria Xeral do Sindicato Labrego Galego
Laura Vallejo (Meira), Sector forestal, agroinfluencer
Leticia Fernández (A Fonsagrada), Propietaria dunha ferraxería
Lourdes Abuide (Castroverde), Xornalista e propietaria dun futuro espazo cultural
Lucía Canoura (Xove), Propietaria negocio hostalería
Mar Pérez (Friol), Docente e investigadora
Mari Carmen Sánchez (Navia de Suarna), Emprendedora sector embutidos
Marisol Pereira (Torés – As Nogais), hostaleira
Marta Álvarez (Monterroso), Gandeira, sector agroalimentario
María Jesús Alonso (Burela), Redeira
María Nogueira (Castroverde), Fotógrafa
María Varela (Pidre – Palas de Rei), Copropietaria Casa Rural
Miriam Fernández (Insua – Vilalba), Historiadora, sector textil
Modesta Álvarez (Pedrafita do Cebreiro), Propietaria queixería e Centro de Hospedaxe
Natividade Fernández (Chantada), Orientadora
Nieves Medina (Burela), Conserveira
Patricia Villagarcía (A Fonsagrada), veterinaria
Paula Carrera (Vieiros – O Courel), Educadora Social
Raquel Abraira (Meira), Pasteleira
Rocío López (Láncara), Escritora
Rosa Mar Maseda (A Fonsagrada), Gandeira
Sabela Núñez (Muimenta – Cospeito), Docente de Matemáticas
Silvia Pena (Palas de Rei), Xornalista
Silvia Saavedra (Navia de Suarna), Mestra de Educación Infantil
Ugía Pedreira (Vilaronte – Foz), Compositora, creadora, docente
Usoa Areitio (Ernes – Negueira de Muñiz), Sector alimentario
Verónica Marcos (Os Ancares), Presidenta de Fademur Galicia
Verónica Núñez (Espandariz, Quiroga), Artesá de conservas
Verónica Page (Mondoñedo), Artesá