Vega sinala que “sabemos a importancia que xogan as entidades deportivas no deporte base e na dinamización do municipio a través das actividades que organizan”. Tendo en conta que a súa actividade require moito orzamento; o Grupo Municipal Popular “xestiona orzamento para que poidan realizar as súas actividades e, así, dinamizar o noso pobo”.