Ribadeo, 28 de marzo, 2022. Daniel Vega destaca que a Xunta de Galicia aportou ao Club de Remo de Ribadeo 9.168 euros para equipamento (a compra dunha embarcación) e financiar a súa actividade e ao Real Club Náutico 3.089 euros para compra de equipamento (velas e mástiles).
Vega sinala que “sabemos a importancia que xogan as entidades deportivas no deporte base e na dinamización do municipio a través das actividades que organizan”. Tendo en conta que a súa actividade require moito orzamento; o Grupo Municipal Popular “xestiona orzamento para que poidan realizar as súas actividades e, así, dinamizar o noso pobo”.