Os obxectivos serán os mesmos anunciados anteriormente. Tal como se comentou nas concentracións, o grupo fixo xestións para organizar charlas coloquio sobre estes temas e a gravísima situación mundial derivada de esta e outras guerras e das tensións entre as grandes potencias. A primeira charla terá lugar o día 30 de Marzo ás oito da tarde no Salón de Actos da Casa do Mar de Ribadeo e será ofrecida por Lourenzo Fernandez Prieto (Tito) catedrático de Historia Contemporánea na Universidade de Santiago de Compostela, recentemente elexido membro da Real Academia Galega. Lémbrase que a próxima concentración terá lugar o xoves, 24 de marzo, ás oito do serán enfronte do concello de Ribadeo.