Site icon Crónica3.com A Mariña

Concentración este xoves contra a guerra e a invasión de Ucraína en Ribadeo

Ribadeo, 8 de marzo, 2022. O próximo xoves, día 10 de marzo terá lugar en Ribadeo, diante do Concello a segunda concentración contra a guerra e a invasión de Ucraína polos exércitos rusos e pola paz mundial. A primeira concentración tivo lugar o pasado día 3 de marzo con asistencia de mais de cen persoas e cóntase que na próxima se amplíe ese número. A convocatoria foi realizada por un grupo de veciños e veciñas maiormente a través de redes sociais, e agora estanse buscando contactos para extender as movilizacións polos restantes concellos de A Mariña e posiblemente crear unha plataforma aberta de libre inscripción. Se hai persoas que o desexen e se se prolonga a gravísima crise producida ca invasión de Ucraína, convídase ás persoas interesadas a poñerse en contacto co grupo convocante (móbil: 669752495).

Exit mobile version