Burela, 21 de marzo de 2022. Hoxe, 21 de marzo, celébrase o día da árbore e dende Aula Gaia do Concello de Burela foi organizado un xogo con pistas denominado ¿Que árbore é? na que os participantes tiñan que adiviñar de que especie lle estaban a dar pistas.
Participaron os dous CEIPS de Burela, a Fundación Eu Son e a asociación de Axuda ao Enfermo Mental A Mariña, “e con todos eles plantamos hoxe diferentes árbores ou plantas.
Tamén plantamos nas dúas Escolas Infantís de Burela. As especies plantadas foron: maceiras, limoeiro, roseiras e lavandas”, explicaron desde a Concellería de Medio Ambiente.
Xunto ás monitoras de Gaia e aos rapaces e rapazas estivo a concelleira de Medio Ambiente, Toñi Eijo.