A edil bureles dixo que “os hábitos de consumo, o aumento da poboación mundial, os cambios no clima e a contaminación converten a auga nun produto de gran valor. Sen auga non habería cultivos e sen eles non habería alimentos, non habería industria e sen ela non habería traballo. É unha obriga de todos nós facer un uso sostible da auga, por iso desde o Concello de Burela fixemos hoxe entrega ao alumnado de 6º de Primaria dos Ceips Vista Alegre e Virxe do Carme e do Ciclo Superior de Química e Saúde Ambiental dun libro titulado En Burela amamos a auga, un manual de bos usos deste ben tan prezado”.
Alfredo Llano e Toñi Eijo xunto coas monitoras de Gaia fixeron entrega dos libros e explicaron “a importancia da auga nas nosas vidas e a necesidade de facer un uso sostible dela”.