Site icon Crónica3.com A Mariña

Burela acolle a presentación do libro de Antón Meilán sobre a torre de Caldaloba

‘Dona Constanza de Castro toma a fortaleza de Vilaxoán. Loita, resistencia e morte’, de Antón Meilán, será presentado este venres, día 11 de marzo, ás 16 horas, diante da Casa da Torre de Pedro de Bolaño, en Burela. O autor, na compaña do profesor Bernardo Penabade, dará a coñecer á veciñanza esta publicación e durante a mañá manterá unha palestra co alumnado do I.E.S Perdouro. Este traballo está editado pola Vicepresidencia da Deputación e promovido por máis de vinte entidades da Terra Chá e concellos limítrofes que exixen que Caldaloba pase a propiedade pública e se leve a cabo a súa recuperación e posta en valor.

Exit mobile version