O afortunado gozará dunha experiencia dunha noite máis almorzo a elixir entre 2.800 destinos nacionais. A súa papeleta, a 121, foille entregada en Gestión de Sistemas Eléctricos. O terceiro premio da campaña de San Valentín de Acisa Ribadeo quedou deserto, tras os dous sorteos celebrados o pasado mes de febreiro. Desde a xerencia da asociación ribadense, Jesús Pérez, apunta que “volveremos sortear esta terceira experiencia con motivo do inminente día do pai, cuxa campaña estamos a ultimar neste momento”.