Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta de Confrarías da Semana Santa de Viveiro avanza en Compostela o convenio coa Xunta e Abanca

Viveiro, 30 de marzo, 2022. No día de hoxe viaxaron a Santiago, o Presidente da Xunta de Confrarías da Semana Santa de Viveiro, Jose Veiga; o Vicepresidente, Jose Luís Couceiro; e a Portavoz, Mª Carmen López, para entrevistarse co Vicepresidencia da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, de cara a concretar a data de sinatura do Convenio de Turismo de colaboración entre Xunta de Galicia, Abanca e a Xunta de Confrarías por importe total de 50.000€

Foi unha entrevista frutífera, onde acordáronse citas de compromisos para anos vindeiros e ademais entre outros temas, ofrecéuselle axudas importantes inmediatas para a mellora da Exposición Permanente nos Claustros de San Francisco.

A Xunta de Confrarías da Semana Santa de Viveiro traballa de forma incansable para engrandecer máis todo o que conleva o organizar a Semana Maior, en todos os seus aspectos: litúrxicos, lúdicos, procesionais con grandes obxectivos, e este ano a poñer en marcha despois de dous anos, unha Semana Santa grandiosa nunha cidade pequena e destacando sempre o distintivo que a fai diferente dunha Semana Santa sentida.

Exit mobile version