Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta apoia o estudo da arqueoloxía subacuática da ría de Ribadeo co patrocinio dunha exposición fotográfica sobre os achados

Lugo, 7 de marzo de 2022. A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura, Educación e Universidade patrocina o estudo da arqueoloxía subacuática da ría de Ribadeo grazas á exposición fotográfica “Memoria e Patrimonio baixo a Ría” que se presenta hoxe na casa da cultura de Vegadeo, un traballo que dá continuidade á primeira mostra “O que a ría esconde”, despois de expoñerse con éxito en Ribadeo, Mondoñedo, Vilalba ou Castropol.

A mostra, organizada polo Club de Actividades Subacuáticas Illa Pancha de Ribadeo, está formada por 75 fotografías das máis de 1.300 instantáneas realizadas por este colectivo durante as últimas tres décadas, que conseguiron fotografar máis de 300 pezas no fondo da ría de Ribadeo en varias prospeccións.

Xunto á apertura desta exposición, tamén se emitiu o documental do mesmo nome, financiado a través de Política Lingüística e producido por Elfarero Audiovisuais, empresa seleccionada como candidata para os Premios Mestre Mateo deste ano.

Exit mobile version