A Xunta aclarou hoxe este dato logo de que a alcaldesa criticara a falta desta dotación, que leva funcionando dende o mes de setembro debido a que o incremento da matrícula permitiu superar o mínimo de seis alumnos inscritos que se require para poñer en marcha a unidade.
Igualmente, é falso que se suprimiran paradas de autobús do transporte escolar. De feito, a parada á que supostamente se refire a alcaldesa nunca figurou no contrato coa empresa operadora do servizo porque está a 370 metros da parada oficial da igrexa, onde si se recolle a varios estudantes.
Por motivos de seguridade, os vehículos do transporte escolar -en exclusiva ou compartido- só poden realizar as rutas e paradas autorizadas. Naquel punto non autorizado recollíase a un estudante de BAC -sen dereito polo tanto a transporte escolar-, que ten a opción de seguir utilizando o bus de xeito gratuíto a través da tarxeta Xente Nova da Xunta de Galicia, pero debe desprazarse ata a parada da igrexa, asignada para todos os veciños e veciñas da zona.