Site icon Crónica3.com A Mariña

A USC achega a súa oferta académica e de servizos a alumnado da Mariña nun encontro celebrado no IES Vilar Ponte de Viveiro

Lugo, 29 de marzo de 2022. A USC achega a 450 estudantes preuniversitarios da Mariña luguesa a oferta de estudos, o abano de servizos e algunhas das liñas de investigación que se desenvolven nos seus campus de Lugo e Compostela no marco dunha xornada de achegamento celebrada este mércores nas instalacións do Ies Vilar Ponte de Viveiro, onde a mocidade presente tivo a ocasión de participar en diversas chalas informativas, así como en obradoiros científicos impartidos por docentes, investigadores e persoal de administración e servizos na sede universitaria luguesa.

O vicerreitor de Organización Académica e Campus de Lugo, Francisco Fraga López, e o coordinador do programa A Ponte, Celso Rodríguez, así como a coordinadora deste servizo universitario no Campus de Lugo, Mercedes Novo, foron algúns dos responsables da USC que tomen parte nesta xornada de achegamento ao estudantado de ensino secundario e Bacharelato. A xornada contará tamén coa participación dun nutrido grupo de docentes e investigadores do Campus de Lugo, que presentarán ao alumnado da Mariña luguesa as titulacións que imparte a USC no seu Campus de Lugo, ao tempo que desenvolverán diversos obradoiros científicos abertos á participación da mocidade.

Así, desde primeira hora da mañá, o alumnado inscrito no encontro programado no Ies Vilar Ponte de Viveiro, distribuído en grupos e organizado en diferentes quendas horarias, recibiu información sobre as ferramentas, servizos e actividades que pon á súa disposición o Servizo de Normalización Lingüística da USC, o Servizo de Participación e Integración Universitaria (SEPIU) ou mesmo desde o Servizo de Deportes da USC realizaron e o Servizo de Residencias Universitarias (SUR) da propia institución académica. Charlas informativas respecto da actividade formativa de grao na USC, ou das posibilidades mobilidade internacional das que pode gozar o alumnado universitario completaron a programación dunha xornada, á que tamén se sumaron diversos representantes políticos dos concellos da Mariña luguesa.

O encontro, que se desenvolveu en quenda de mañá, de 10.00 a 13.30 horas, permitiu tamén aos futuros universitarios visualizar os paneis da mostra ‘A USC Camiña’, ademais de tomar parte en charlas sobre a xestión cultural no século XXI, achegarse á Robótica e á conservación e introdución por medios bioquímicos de especies endémicas ameazadas, a través de diversos obradoiros. Outros dos talleres organizados tratarán sobre o cultivo de vexetais in vitro, a construción de pontes e outras obras de enxeñaría civil, a paisaxe ou diversos experimentos con luz.

Exit mobile version