Esta mesa informará a veciñas e vecinos da situación que está a vivir a Atención Primaria en todos os seus centros de saúde e particularmente no de Foz, onde a día de hoxe hai dous facultativ@s sen substituir de xeito crónico, un na quenda de mañá e outro na de tarde. A maiores destes dous profesionais sen substitut@s dun total de oito médic@s de familia, hai outro cunha reducción de xornada que tamén está descuberta.
A reducción de xornada da pediatra fe Foz leva anos sen cubrir.
No centro de saúde de Foz, que conta cunha pediatra con reducción de xornada sen substituir, a maiores de atender a crianzas do Concello de Foz, aténdense tamén a nenos e nenas de Alfoz e Valadouro. Este colectivo sanitario leva anos pedindo que se incorpore á reducción un/ha profesional que garanta a presencia de pediatra a tempo completo, a maiores de dotar do servizo a Alfoz-Valadouro.
O concello de Foz non ten matrona.
Outra das reivindicacións históricas deste colectivo é a de dotar ao centro de saúde cunha matrona, figura indispensable na Atención Primaria e que non existe neste concello de dez mil habitantes. Esto supón un agravio comparativo respecto a outras poboacións e una discriminación para as mulleres de Foz, xa que a figura da matrona non só se ocupa do embarazo, parto e puerperio, senón que constitúe una figura de gran relevancia na saúde das mulleres, tanto na prevención e diagnóstico precoz de cancro de cérvix como na atención á saude sexual ou noutras enfermidades das mulleres como é a endometriose.
A Plataforma Sanitaria informará de todas estas eivas que amosan de xeito gráfico o desmantelamento que está a sufrir a Atención Primaria e axudará a redactar reclamacións tanto colectivas coma individuais a quen desexe, así como ao seu rexistro. Animamos a todas as veciñas e vecinos de Foz a que se acheguen se queren reclamar una atención sanitaria digna.