Alfoz, 3 de marzo, 2022. Dende a Plataforma de Veciños Afectados pola Macrocentral Hidroeléctrica do Xistral, vimos de constatar que o concello de Alfoz presentou a súa alegación como órgano consultado fóra de prazo.
Segundo os documentos publicados na súa web, con data 26 de febreiro rexístran no concello a apertura do período de consultas para para o procedemento de evaluación de impacto ambiental do proxecto “20210509 / Central Hidroeléctrica Reversible “Xistral” de 936 Mwe, ubicada en los términos municipales de O Valadouro, Ourol, Alfoz, Cervo y Xove, provincia de Lugo.”, otorgando un prazo de 20 días hábiles para a súa contestación.
Cos datos que eles mesmos facilitan, o último día para presentar alegacións sería o 23-02- 2022, e os documentos que colgan na páxina web están asinados do día 24-02-2022, polo tanto, presentados fóra de prazo.
Isto demostra unha vez máis a deixadez e despreocupación do goberno do concello de Alfoz en canto o anteproxecto de central hidroeléctrica reversible proxectado no noso Val e que afecta a os nosos veciños.
Tamén lamentamos que a oposición non estivese ao tanto disto para que a alegación entrase en prazo.
Dende a plataforma seguimos traballando e aproveitando os últimos días para presentar as alegacións correspondentes.
Tamén nos próximos días procederemos a recollida de todas as firmas, tanto en papel como en Change.org, para presentalas esta fin de semana ante o Ministerio para amosar o apoio recibido pola veciñanza en contra deste anteproxecto.