Inés López explica que “o señor Castiñeira pretende culpar ao actual goberno do seu desgoberno de oito anos. No exercicio 2014 a concesionaria do servizo de abastecemento denunciou ao Concello e este aprobou en pleno ás súas esixencias. O contrato de concesión caducou no 2017 e ata o 2018 non se comezaron a facer trámites para a nova concesión, o cal, e xa sabendo dos problemas existentes en torno a este contrato dende o 2014 e incluso dende antes, non fala precisamente de anticipación. O contrato deixouse caducar, os trámites comezáronse tarde e no 2019 non foi capaz de chegar a un acordo para aprobar este prego. Igual tamén por falta de valentía na explicación deste prego, se era en realidade tan vantaxoso, e o prego quedou sobre a mesa”.
A edil de Facenda engade: “continuouse a traballar neste expediente e afondando nel cos técnicos atopáronse múltiples deficiencias, ademais de valorar novas variables coma a existencia da nova depuradora, que non se tivo en conta no anterior prego. En ningún caso se vai esperar a que exista unha nova depuradora senón que se pretende anticipar as necesidades, xa que antes non se fixo, tendo en conta a enorme complexidade dun expediente deste tipo. O Concello debe pagar ano a ano, o que de todos modos xa debería pagar, so que de forma máis ordenada, polo que vamos a traballar para que se corrixa o máis rápido que poidamos”.
“Solucionar en dous anos e medio os problemas xerados durante oito é difícil, máis seguiremos traballando coa maior das constancias e sentido común para tentar avanzar no que non se fixo antes” finaliza a concelleira.