Compostela, 7 de marzo de 2022. A CIG ten convocadas, con motivo do 8 de Marzo, Día Internacional da Muller Traballadora, mobilizacións en 21 localidades para chamar a atención sobre a responsabilidade dos gobernos dos diferentes ámbitos na situación de desigualdade que seguimos padecendo as traballadoras en Galiza.
A secretaría das Mulleres da CIG responsabiliza aos gobernos da situación de precariedade que continúan a padecer as mulleres. Precariedade que é maior nos sectores máis feminizados. Por iso, reclama a valorización dos oficios relacionados cos coidados. Denuncia que é un negocio para empresas privadas que priorizan o lucro á costa dos dereitos das traballadoras e da saúde e benestar das persoa.
A central sindical interpela directamente as institucións, as empresas e os gobernos para que se efectivicen políticas de igualdade que dean resposta ás necesidades das mulleres traballadoras e rexeita que unha reforma laboral dun goberno considerado progresista careza de perspectiva de xénero e manteña as medidas de precarización impostas pola reforma do PP de 2012, mantendo o despedimento case de balde, a desregularización da xornada e as dificultades para escoller o horario das reducións, incorporando novos contratos de formación e prácticas que impiden a estabilidade e un novo contrato fixo-descontinuo en sectores moi feminizados.
MOBILIZACIÓNS
(A secretaria das Mulleres, Nicolasa Castro Monteiro, participará na mobilización de Ferrol)
1. COMARCA DA CORUÑA
A Coruña:ás 12h horas marcha a pé desde a delegación, praza de ourense
Cee: ás 12 concentración na praza 8 de marzo
Carballo: ás 12 concentración na praza do concello
2. COMARCA DE FERROL
Ferrol: ás 12 h marcha desde o local sindical ata a praza de Armas
As Pontes: ás 12 h concentración diante do concello
3. COMARCA DE COMPOSTELA
Compostela: ás 12 h marcha desde a praza Roxa
Ribeira: ás 11:30 h concentración na praza Pablo Neruda
4. COMARCA DE PONTEVEDRA
Pontevedra: ás 12 h marcha desde a praza da Ferrería
A Estrada: ás 12 h concentración na praza do Mercado .
Lalín: ás 12 h praza da Igrexa.
Vilagarcía: ás 12 h marcha desde a praza Galiza, rúa Covadonga, Arzobispo Andrade, rúa Castelao e remate praza Galiza.
Cambados: ás 12 h concentración na praza concello
O Grove: ás 12 h concentración diante concello(praza Corgo).
5. COMARCA DE VIGO
Vigo: ás 12 h marcha desde o cruce da Dobrada ata a Farola de Urzáiz
Porriño: as 11:30 h marcha desde a rotonda das Angustias
Cangas: ás 11.30 h marcha dende a Estación Marítima ata o concello
A Guarda: concentración ás 12 h na praza Avelino Vicente (As de Copas)
6. COMARCA DE LUGO
Lugo: ás 12 h concentración diante da Xunta de Galiza
Viveiro: ás 12 h concentración na praza da Fontenova
7. COMARCA DE OURENSE
Ourense: ás 12 h concentración nos Xardíns Padre Feixoo
Verín: ás 12 h concentración na praza do concello