Site icon Crónica3.com A Mariña

A Banda Naval de Viveiro recibe os parabéns do Concello no seu 20 aniversario

Viveiro, 28 de marzo de 2022. O Concello de Viveiro e a súa alcaldesa, María Loureiro, queren trasladar públicamente a súa noraboa á banda naval de viveiro, unha agrupación musical que cumpre os seus primeiros 20 anos de historia.

“Forman xa parte de Viveiro, a súa música está nos momentos más importantes do ano para os nosos veciños e veciñas, polo que desexo moitos máis aniversarios de música e historia para a Banda Naval de Viveiro; estou convencida de que así será”, asegura María Loureiro.

Ademais, a alcaldesa estende a felicitación á nova directora da banda, Inma Costa, “unha muller nova que se formou nesta banda desde os seus comezos e agora a dirixe con mestría”.

Despois do parón obrigado pola pandemia, este sábado celebrouse de novo o Certame de Bandas Cidade de Viveiro, xa con Inma Costa á fronte da Banda Naval.

Exit mobile version