Será un sorteo sinxelo e accesible para tódolos seguidores de redes sociais. Queremos, por un lado, agasallar “momentos” entre pais e fillos, como ir ó cine, desfrútalo en familia e despois ir cenar todos xuntos. Algo que votamos de menos e que queremos recuperar. Por outro lado, queremos poñer en valor “o cine”, que volve a estar en funcionamento con películas tódalas fins de semana, estreas aquí ó ladiño da casa e que non aproveitamos para vivir “experiencias” xunto ós nosos. Pantalla xigante, olor a butaca de cine e sabor a cono de palomitas… “momentos e experiencias”.
Sorteamos 50 entradas para Cines Viveiro, simplemente por deixar un comentario de cal e a túa película favorita, en calquera das publicacións correspondentes á campaña do Dia do Pai que temos nas nosas redes sociais no perfil de @viveirocentro.
Pero aínda ai máis… e con cada entrada canxeada entregarase na taquilla un Bono desconto de 10€ para consumir en calquera dos negocios de hostalaría asociados ó CCHV.
O sorteo farase o 18 de Marzo entre tódolos comentarios recibidos. Meteranse os nomes dos participantes nun programa de sorteos aleatorios e sacaranse os 50 gañadores.
Comunicaráselles de inmediato cunha mensaxe ó comentario polo cal resultaron agraciados, e tamén se publicará o listado de gañadores en tódalas redes sociais.
As entradas do cine enviaranse vía WhatsApp ou Mail ós gañadores, mediante un código que será o que teñan que presentar na taquilla do cine.
Apostamos por unha campaña distinta, novidosa, que xunta comercio e cultura, e crea sinerxías entre sectores.
As bases da campaña e toda a información pódese consultar na web www.viveirocentro.com, e no perfís de Facebook, Twitter e Instagram.