Site icon Crónica3.com A Mariña

15 soldos e un total de 6.000 euros en vales de compra nas campañas do día do pai e da nai de AciaFozCCA

Foz, 17 de marzo de 2022. AciaFozCCA regalará 15 soldos por mercar en Foz. Son 6.000 euros en vales de compra os que destina ás campañas do día do pai e da nai. Todas aquelas persoas que fagan as súas compras nos establecementos asociados a AciaFozCCA desde o pasado 11 de marzo e ata o vindeiro 1 de maio entrarán no sorteo de 5 soldos mensuais de 100 euros e 10 soldos mensuais de 50 euros, que as afortunadas e os afortunados poderán gastar entre os meses de xuño e novembro.

Un total de 45 establecementos comerciais participan nesta importante campaña de AciaFozCCA. Son: Hola Ola, 5 Lobiños, Don Zapato, Ginzo Hombre, Ginzo Mujer, Dermoterapia Centro de Estética, Vas’s Outlet, Longarela, Chinela Nenos, Lourdes Moda Íntima, Chuvia, María Docampo, Ferretería Fuente, Kukadas, Electricidad Núñez, Tien 21, Alain Afflelou Centro Óptico, Xoguetería Bahía, Libraría Bahía, Ofifoz, N1 Zapatillas, Sueños, Vas’s, Viajes Rodríguez, Cenor Belianorte, Mercería Vera, La Flor Abulense, Xanela Agasallos e Complementos, Centro Óptico Eliseo, Salai Campo, Decoraciones Pura, Pastelería Anduriña, Ana Fabeiro Arte Floral, Unique 2, Calzados Pirde, Milar, Lencería Esther, Infotec, Living Sport, Librería A Rapadoira, Clínica Veterinaria Foz, Carnicería O Centiño, Amarena, Suministros Veipa e Estanco nº2 García Lorca.

O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, anima “a facer as compras no comercio do noso pobo, por proximidade, por trato, por asesoramento personalizado… todo iso ademais terá un importante premio para quince persoas o vindeiro 4 de maio”.

O sorteo dos 6.000 euros en vales de compra, divididos en 15 soldos, terá lugar o 4 de maio a través de Radio Foz.

AciaFozCCA conta para esta campaña co patrocinio do Concello de Foz e da Xunta de Galicia.

Exit mobile version