Onte foi a quenda do colector amarelo. As monitoras do Centro Gaia levaron unha cesta chea de envases de plástico, bolsas, envases metálicos e tipo brick, xoguetes de plástico, perchas de plástico, etc…e explicaron qué cousas se deben de depositar no colector amarelo e cales non. Desde Gaia explicaron que “os usuarios posteriormente deberon meter correctamente no colector amarelo os produtos que si van e noutro colector amarelo, pero esta vez co sinal de prohibido, os que non se poden botar nese colector. Un usuario disfrazado de policía vixiaba as actuacións e no caso de que non fosen as adecuadas sacaba esa sinal de prohibido”.
A concelleira de Medio Ambiente, Toñi Eijo, subliñou que “desta forma sinxela e divertida pretendemos concienciar da importancia de reciclar e facelo de forma correcta”.