Site icon Crónica3.com A Mariña

Viveiro manterá o punto de test de antíxenos gratuítos na primeira quincena de febreiro

Dende o goberno municipal infórmase que o SERGAS, en colaboración co Concello de Viveiro, manterá o punto habilitado para facer test de antíxenos de maneira gratuíta durante a primeira quincena do mes de febreiro. As probas continuarán realizándose na Sala Multiusos da Casa do Concello, os martes e xoves, de 10:00 a 13:00 horas. O cribado está aberto tanto á cidadanía de Viveiro como da contorna e non se necesita cita previa.

Exit mobile version