Site icon Crónica3.com A Mariña

Valentín González Formoso traslada a solidariedade e agarimo dos socialistas galegos ás familias das vítimas e ao mundo mariñeiro afectado pola traxedia do “Vila de Pitanxo”

Vigo, 16 de febreiro de 2022. O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, quixo trasladar hoxe dende Vigo a súa solidariedade e o agarimo en nome propio e de tódolos socialistas galegos aos familiares das vítimas da traxedia do Vila de Pitanxo, así como a todo o mundo mariñeiro galego.

O líder dos socialistas galegos trasladouse hoxe ata Vigo, onde mantivo un encontro cos representantes da cooperativa de armadores de Vigo –Arvi-, á que pertencía o buque afundido, nun “día francamente triste no que Galicia está de loito” logo da traxedia de Terranova.

González Formoso salientou que “estamos agardando que se esclareza o antes posible a situación de tódolos desaparecidos” no accidente, “sobre todo pensando nas familias”, concluíu.

Exit mobile version