O líder dos socialistas galegos apuntou que o avance de onte “debera ser aplaudido por todo o mundo”, mentres o PP opta por “votar no Congreso en contra” dunha norma que “supón menos precariedade e menos temporalidade para os traballadores e as traballadoras de Galicia”. Engadiu que “a lo mellor non son todos os avances aos que aspiramos, pero en todo caso trátase dun avance”.
Salientou que “sobre todo, por canto recupera unha senda de diálogo social entre os axentes que representan a todo o tecido produtivo galego e español”. Apuntou ao acordo entre “grandes, medianos e pequenos empresarios, e tamén os traballadores e traballadoras, a través das súas organizacións representativas, tanto empresariais como sindicais”.