A composición da mesma será: Presidente: Tomás Lasheras (De Moviltom), Vicepresidente: Alberto García (De Futures), Secretario: Iván Fernández (De Mesón O Recuncho), Tesoureira: Rosario Canoura (De Óptica Rosario), e Vogais: Ivana Pulleiro (de Heladería Puerta Real), Saúl Jimenez (de Carlos Fotógrafos) e Richard Lage (de Peluquería Richard XFavor).
Esta xunta está formada por representantes de distintos sectores, comercio, hostalaría e servizos. Os novos membros tratan de dar continuidade á única asociación de comerciantes que existe no Centro de Viveiro, e os seus obxectivos iniciais pasan por seguir coa boa labor que se viña realizando para tratar de dinamizar o sector comercial de Viveiro.
Continuará a labor da xerencia para a xestión da oficina e avogan por un funcionamento asembleario para o resto de actuacións.
Según indica a nova Directiva “Nos tempos que nos toca vivir, só un comercio unido e comprometido poderá seguir sendo punteiro na comarca e dende a Asociación seguirase traballando por mellorar o atractivo comercial e o poder de atracción da zona, lanzando novas promocións e servizos tanto para clientes como para negocios asociados”.
Nos próximos días iniciarán as primeiras xuntanzas para elaborar unha ruta de traballo, acordar as próximas campañas e actividades, e tentar ampliar o número de negocios adheridos ó colectivo