O accidente sucedeu concretamente no punto quilométrico 12 da LU-540, uns minutos antes das tres e media desta tarde. Foi a esa hora cando varias persoas particulares alertaron do sinistro ao 112 Galicia. Acto seguido, o persoal do CIAE 112 Galicia solicitou a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Viveiro, dos voluntarios de Protección Civil de Ourol e do servizo de mantemento da estrada. Segundo a información recollida no 112 Galicia, as dúas persoas que resultaron feridas no choque foron trasladadas polos servizos sanitarios ao centro hospitalario de referencia.
Unha colisión frontal en Ourol saldouse con dúas persoas feridas
Unha colisión frontal en Ourol saldouse con dúas persoas feridas
Relacionado
-
A Xunta entregou os diplomas aos participantes no obradoiro de emprego do Vicedo, Ourol e Muras
-
A Xunta inviste 8,2M€ na mellora da seguridade e capacidade da estrada LU-540 entre Viveiro e Ourol
-
A Deputación destina preto de 180.000€ ao Concello de Ourol para renovar a contorna da Casa Consistorial