Riotorto, 13 Febreiro, 2022. Unha muller encamada foi desaloxada da súa casa por mor dun novo incendio nunha cheminea.
Ocorreu preto das doce da noite pasada no lugar de Cachán, no concello lucense de Riotorto, a onde se dirixiron os Bombeiros de Barreiros e os integrantes do GES da Pontenova para poñer a salvo aos ocupantes da vivenda, unha muller encamada e o seu fillo. De feito, foi este último quen contactou co 112 Galicia para informa do que acontecía. A súa chamada serviu para a posta en marcha do operativo, que completaron os axentes da Garda Civil para colaborar cos equipos de extinción na protección das persoas.
Malia que tiveron que ser evacuados, ningún dos habitantes da casa necesitaron o traslado a centros hospitalarios, aínda que si recibiron asistencia por parte dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 no mesmo lugar dos feitos.
En canto aos danos, cómpre dicir que resultou afectada a cheminea, onde comezou o lume coa ameaza dunhas bombonas de gas almacenas preto.