Barereiros, 25 de febreioro, 2022. Os alumnos do Ceip San Cosme de Barreiros estrearon este venres o seu disfrace artesanal, elaborado con material reciclado e unha temática moi artística.
“Natureza con arte” é o nome do proxecto que están a impulsar desde a Biblioteca do centro e que fan extensivo tamén a esta festa tan típica.
Os disfraces beberon da investigación realizada polos estudantes ao redor de tres festas significativas para Galicia: Os Peliqueiros, Madamas e Galáns e As Pantallas de Xinzo de Limia.
Ademais desta referencia, introduciron a natureza e como resultado crearon unhas versións moi especiais dos cadros de Van Gogh, Giuseppe Arcimboldo e Velázquez.
Todo elaborado por eles, con materiais reciclados e moito enxeño.
Este venres luciron os seus traxes nun pequeno festival dentro do Colexio, con desfile, baile e degustación de postres do Entroido.