Tomé Roca quere aproveitar estas semanas previas ao IV Congreso Provincial para mostrar o seu proxecto aos militantes e recoller as súas aportacións.
“É certo que non hai primarias, e polo tanto, non é necesaria unha campaña de información como tal, pero eu quixen facer estes encontros coa militancia porque quero estar cerca dos compañeiros e compañeiras das distintas agrupacións da provincia e porque o esencial destes procesos é compartir as nosas ideas coas bases do partido”, sinala o socialista. “Quero ir velos e, ó mesmo tempo, escoitalos, saber cales son as súas necesidades e preocupacións e, con todo iso, tratar de acertar no fortalecemento e no novo impulso que temos que darlle ó partido”, engadiu.
A militancia de toda a provincia estará convocada aos distintos encontros durante esta semana e a próxima.
Deste modo, esta semana dáse continuidade á iniciativa Camiñamos Xuntos, tras o primeiro encontro da pasada semana en Chantada e en Monforte de Lemos, onde Tomé Roca intercambiou sensacións cos militantes de ditas comarcas.
Esta tarde, Tomé Roca acompañou aos militantes de Burela, Cervo e Xove, nun encontro na sede do PSdeG no municipio cervense. A continuación, acudiu á sede socialista en Ribadeo, onde estivo cos militantes do municipio, así como cos compañeiros e compañeiras de Barreiros, A Pontenova e Trabada.
O candidato á Secretaría Xeral do PSdeG na provincia insistiu na necesidade de “sumar e camiñar xuntos, construíndo un proxecto dende as bases do partido, contando con todos os militantes”.
Neste sentido, Tomé Roca fixo hoxe fincapé na importancia dun partido “forte, unido e integrador” para “consolidar e mellorar os
“Os socialistas gobernamos para o 65% da poboación lucense, ademais de na Deputación. Isto supón 27 alcaldes e alcaldesas traballando para á cidadanía”, explicou o socialista.
Tras os encontros de hoxe, Tomé Roca visitará este xoves Foz e Viveiro, mentres que o venres estará en Lugo. Na fin de semana manterá encontros coa militancia en Becerreá, Sarria e Vilalba e a vindeira semana, na Fonsagrada e en Pol.