Fernández acadou o ouro cun salto de 1,85 metros na proba de salto de altura de pista cuberta, tras o duelo que mantivo coa andaluza Una Stancev, recentemente nomeada campioa de España sub-23. Ben pola súa banda fíxose coa medalla de bronce na final dos 800 metros, unha das probas máis esixentes do Nacional de pista cuberta. O viveirense cruzou a meta cun tempo de 1:49.50, só por detrás do vixente campión Álvai Darriba e do plusmarquista Mariano García.
As guerreiras laranxas tamén recibiron a felicitación do Presidente da Deputación logo de lograr este domingo impoñerse ao Atlético Navalcarnero en Xerez (2-1) con goles de Peque e Cami. O título é o undécimo consecutivo que conseguen as de Burela desde o 2019.
O Presidente subliñou que “o traballo, esforzo, constancia e talento” que demostran estes deportistas “son un auténtico orgullo para a nosa provincia”, e desexoulles “novos éxitos” nas súas traxectorias.