Site icon Crónica3.com A Mariña

Sensibilización vial para o alumnado de primaria de Burela

Burela, 24 de febreiro de 2022. Alumnado dos Ceips Virxe do Carme e Vista Alegre, de Burela, asistiu estes días a talleres de sensibilización vial, que foron impartidos pola asociación Stop Accidentes en colaboración coa Concellería de Medio Ambiente.

Desde ese departamento do Concello burelés explican que “en colaboración coa Concellería de Medio Ambiente, Stop Accidentes impartiu talleres de sensibilización vial co obxectivo de promover valores na mobilidade e de convivencia nas vías públicas, comportamentos seguros e saudables como peóns, pasaxeiros, en bicicleta e nos transportes escolares”.

“Estas xornadas tiveron lugar durante toda esta semana e participou todo o alumnado de 1º a 6º de Primaria do Ceip Plurilingüe Virxe do Carme e do alumando de 3º a 6º de Primaria do Ceip Plurilingüe Vista Alegre. Tamén participaron usuarios e usuarias da Fundación Eu Son aprendendo bos hábitos e reflexionando sobre a mobilidade sostible, segura e saudable nos nosos desprazamentos cotiás”, engadiron desde a Concellería de Medio Ambiente.

Exit mobile version