“A Xunta de Galicia está a actuar en todo o edificio: tanto na cuberta coma nas paredes e ventás. Tamén se está a mellorar a iluminación tanto exterior coma interior”, explica.
Vega pon en valor esta actuación que considera “moi importante” e que permite modernizar os pasillos, as aulas e, en definitiva, as instalacións do colexio público de Ribadeo”.
O popular destaca, neste sentido, que “foi unha reforma que pelexou o Grupo Municipal Popular e para a que o equipo directivo do centro tamén traballou moitísimo xunto co profesorado e a ANPA. Todo este traballo, pouquiño a pouco, vai dando pasos importantes na mellora da calidade do ensino no noso pobo”.