Ribadeo, 9 de febreiro, 2022. O mércores 16 de febrero, Ribadeo vai ser una das 5 sedes galegas que acollan a celebración das probas correspondentes á fase autonómica da XIII Olimpíada de Xeoloxía. O IES Ribadeo Dionisio Gamallo, a Facultade de Bioloxía de Santiago, a Facultade de Ciencias da Coruña, a E.M.E de Minas de Vigo e a Facultade de Ciencias de Ourense serán os lugares onde simultaneamente o alumnado realizará as probas teóricas. Ademáis da Consellería de Educación tamén colaboran nesta edición a Cidade da Cultura en Santiago e o Concello de Ribadeo a quen de antemán lles agradecemos a axuda.
A XIII Olimpíada de Xeoloxía é una actividade promovida pola AEPECT (“Asociación Española para la Enseñanza de las Ciencias de la Tierra”), en colaboración coa SGE (Sociedad Geológica Española). Lévase a cabo inicialmente en diferentes sedes territoriais do Estado Español. Os gañadores e gañadoras de cada sede poderán participar na fase nacional que terá lugar o día 26 de Marzo en Almería e os catro mellor clasificados participarán na fase internacional.
Estas olimpíadas pretenden fomentar o interese pola Xeoloxía e as Ciencias da Terra, animar aos participantes a comezar estudos universitarios relacionados coa Xeoloxía e concienciar sobre a importancia da preservación do medio natural.
Pode participar o alumnado de 4º de ESO, 1º e 2º de Bacharelato pertencentes a calquera dos Centros de Galicia. Na sede de Ribadeo a fase práctica terá lugar na Praia das Catedrais de 11:15 a 13:45 e ás 3 da tarde, a fase teórica no salón de actos do instituto ribadense. A continuación, e mentras se corrixen as probas, o alumnado participará nun taller impartido polo Doutor en Xeoloxía Francisco Canosa.
Os premios, diplomas e agasallos do Concello de Ribadeo serán entregados durante o acto de clausura polo propio Francisco Canosa e por Mari Luz Álvarez Lastra, Concelleira de Educación e Igualdade do Concello de Ribadeo.