Lourenzá, 17 de febreiro, 2022. Este xoves, nun acto que presidiu a Alcaldesa Rocío López, quedou presentado o Campionato Autonómico Escolar de Campo a Través. Estiveron presentes tamén o Xefe do Servicio Provincial de Deportes, Manuel Otero “Cadramón”; o Teniente de Alcalde do Concello, Javier Huertas; a coordinadora de Protección Civil en Lourenzá, Mª Carmen Fornos; e o secretario do club, Óscar González.
O Domingo, Lourenzá será epicentro do cros nunha cita na que se agardan a preto de 600 atletas de todas as entidades deportivas das 4 provincias galegas