Site icon Crónica3.com A Mariña

Presentación da Supercopa

Burela, 19 de febreiro, 2022. O Salón Luis Aragonés da Cidade do Fútbol de Las Rozas acolleu a presentación da Supercopa de España, que reunirá o mellor fútbol sala feminino e masculino en Xerez de la Frontera os días 26 e 27 de febreiro. Desde o Pescados Rubén Burela FS acudiron o vicepresidente laranxa, José Luis Saéz, e a capitá, Peque, a un acto encabezado polo presidente da RFEF, Luis Rubiales, e que contou tamén coa representación da Junta de Andalucía, Deputación de Cádiz, Concello de Xerez de la Frontera e Real Federación Andaluza de Fútbol.

As Guerreiras Laranxas defenderán o trono conquistado nas dúas últimas edicións, en Las Rozas 2019 e Burela 2021, fronte ao Futsi Atlético Navalcarnero; será o domingo 27, ás 21.30 horas. A burelista Peque e madrileña María Sanz adiantaron que se volverá ver todo un espectáculo, como é habitual nos duelos entre ambas as escuadras.

Na presentación tamén se coñeceron os emparellamentos da Supercopa masculina. As mans inocentes do sorteo foron os colexiados que arbitraron final do Europeo de Países Baixos, Juan José Cordero Gallardo, Alejandro Martínez Flores e David Urdanoz Apezteguía: Barça-Movistar Inter e Palma Futsal-Elpozo Murcia.

Exit mobile version