“Quero trasladar todo o apoio ás persoas que están atravesando esta situación tan dura, todos e todas estamos consternadas e quero transmitirlles todo o cariño, apoio e solidariedade ás familias”, insistiu. A líder nacionalista tamén traslada “toda a colaboración do BNG coas autoridades no que sexa preciso, toda a disposición a colaborar no que estea na nosa man”, recalcou, ante unha situación dramática que tingue de loito Galiza ante un dos maiores accidentes do mar que se recordan.
“É unha xornada moi triste, na que se nos encolle o corazón pensando na dor das familias e deben saber que toda Galiza está con elas”, subliñou Pontón desde Pontevedra, onde asistiu ao minuto de silencia convocado polo Concello en compañía do alcalde Miguel Anxo Fernández Lores, no seu caso desde o campus universitario onde estaban realizando unha visita.