A concelleira de Servizos Sociais, Carmela López, subliña que “a convocatoria foi un éxito. Quero felicitar ao grupo de participación adolescente do Concello de Burela polo traballo realizado e pola súa implicación. Serán eles mesmos os que se ocupen do desenvolvemento do xogo e da xestión de todas as probas”.
Serán 15 grupos de 5 persoas cada uno os que se busquen o tesouro o venres por Burela. López engade que “as rúas da vila estarán animadas toda a tarde, xa que as probas están situadas en diferentes localizacións de Burela”.
Máis de 20 rapaces e rapazas do grupo de participación adolescente do Concello de Burela “organizáronse para levar adiante esta actividade, coa que o grupo gañador obterá un premios que eles mesmos xestionaron con Boas Migas, do Pescados Rubén Burela FS e con Osa do Mar.
Co Busca do Tesouro arrincará a programación do Entroido en Burela.