Site icon Crónica3.com A Mariña

O vindeiro 1 de marzo, martes de Entroido, non haberá recollida de cartón porta a porta en Ribadeo

Ribadeo, 24 de febreiro, 2022. Desde a Concellaría de Medio Ambiente explican que “para non interferir co desfile de Entroido, que percorrerá as rúas da nosa vila a partires das cinco da tarde do vindeiro martes, é por iso que durante esa xornada non haberá recollida de cartón porta a porta”.

Este departamento pide “ao comercio e á hostalería de Ribadeo que ese día non saquen os cartóns á rúa, xa non se van recoller. Que os garden e os preparen para o xoves, 3 de marzo, que será cando o servizo volva funcionar con normalidade e no seu horario habitual”.

E engaden que “o punto limpo tamén estará pechado o martes de Entroido pola tarde”.

Exit mobile version