Site icon Crónica3.com A Mariña

O Touporroupou celebrarase o 27 de febreiro no salón de actos do colexio Martínez Otero

Foz, 18 de febreiro, 2022. A asociación cultural A Pomba do Arco organiza o domingo 27 de febreiro a partir das 20:30 h, no salón de actos do colexio Martínez Otero de Foz unha nova edición do Touporroutou, espectáculo xa clásico do entroido focego, que como en anteriores ocasións correrá a cargo do grupo Touporroutou Teatro, o grupo de pandeireiteiras da Subela e o grupo de rock focego Os Quentaquis.

A organización deste evento implica o retorno á actividade desta entidade cultural após o parón imposto nos últimos dous anos pola pandemia. Neste sentido a directivo do colectivo lembra que a última actividade promovida pola Pomba do Arco en 2020 foi precisamente o Touporrou. Ao tempo, significa que a asociación programa para o mes de marzo e abril un completo programa de actos onde se recolle a recuperación das “Xornadas de Arte”

A asociación cultural A Pomba do Arco quere convidar a todos os veciños e veciñas do Concello a colaborar con esta actividade, agudizando o enxeño e achegando as súas coplas ás diversas caixas colocadas en diversos establecementos de Foz. A entidade organizadora indica que estas caixas atópanse no “Pachán”, no “ Muelle, ”, no “Lar”, no “Dandy”, no “Happy Days”, no “Xoyma”, no “Agarimo”, no “Chicaro”, no “Augas Santas” e na “Eskina”

O colectivo organizador introduce unha nova posibilidade de participación para a veciñanza. Neste sentido, abre unha conta de correo electrónico, apombadoarco@gmail.com para que os veciños que o desexen acheguen a súa composición ou copla pola vía dixital.

O éxito e a continuidade do Touporroutou depende da participación veciñal polo que solicitamos dos focegos e das focegas o seu apoio e a súa axuda, elaborando coplas e cantigas sobre os temas que consideren de interese, a fin de que esta actividade sexa realmente unha autentica crónica da vida social de Foz ao longo deste último ano.

Exit mobile version