“O que habería que facer é activar un orzamento serio, establecer prioridades, arranxando aquelas que os veciños demandan tódolos días e, paulatinamente, ir arranxando as carreteras”, segundo defende o popular.
Daniel Vega asegura que “o que non se pode facer é, un ano antes das eleccións, ir cunha paliña, tirar catro gravillas e tapar un bache que en tres días volverá a aparecer”. Do mesmo xeito, di que “se se fai algún aglomerado nalgunha carretera, faise rápido e correndo e, despois, aparecen baches. Ademais, estreitécese o ancho da carretera converténdose en vía de sentido único e non se bota formigón nas cunetas como fan noutros concellos”.
O popular condena que, “aínda por riba, cando se lles di responden ríndose e dicindo que iso non é serio”. Pero, “por que noutros concellos si e este goberno non inviste no noso pobo desta maneira”, se preguntan. “Por que non se confía plenamente nos técnicos e cando se di que é importante pavimentar con formigón as cunetas de forma que dea anchura suficiente para máis dun coche?”.
O Grupo Municipal Popular o que propón é: unha inversión planificada e pactada coas asociacións e que, cando se anuncia unha obra, facela sen esperar a que se acheguen as eleccións. Dicir que se fai, non se traduce nunha actuación concreta”, advirte. “Queremos que o goberno local active un orzamento serio e se fagan inversións dunha vez por todas, non simplemente quedarse na fotiño”, conclúe Vega.