Ribadeo, 25 de febreiro 2022. O portavoz do Grupo Municipal Popular de Ribadeo, Daniel Vega, acusa ao goberno local do BNG de “non escoitar aos veciños nin concretar nin tipo de inversión para conservar as nosas carreteras. Non xestiona ningún tipo de orzamento para mellorar as rúas que da nosa vila e tampouco nas carreteras do rural”.
“O que habería que facer é activar un orzamento serio, establecer prioridades, arranxando aquelas que os veciños demandan tódolos días e, paulatinamente, ir arranxando as carreteras”, segundo defende o popular.
Daniel Vega asegura que “o que non se pode facer é, un ano antes das eleccións, ir cunha paliña, tirar catro gravillas e tapar un bache que en tres días volverá a aparecer”. Do mesmo xeito, di que “se se fai algún aglomerado nalgunha carretera, faise rápido e correndo e, despois, aparecen baches. Ademais, estreitécese o ancho da carretera converténdose en vía de sentido único e non se bota formigón nas cunetas como fan noutros concellos”.
O popular condena que, “aínda por riba, cando se lles di responden ríndose e dicindo que iso non é serio”. Pero, “por que noutros concellos si e este goberno non inviste no noso pobo desta maneira”, se preguntan. “Por que non se confía plenamente nos técnicos e cando se di que é importante pavimentar con formigón as cunetas de forma que dea anchura suficiente para máis dun coche?”.
O Grupo Municipal Popular o que propón é: unha inversión planificada e pactada coas asociacións e que, cando se anuncia unha obra, facela sen esperar a que se acheguen as eleccións. Dicir que se fai, non se traduce nunha actuación concreta”, advirte. “Queremos que o goberno local active un orzamento serio e se fagan inversións dunha vez por todas, non simplemente quedarse na fotiño”, conclúe Vega.