Ribadeo, 4 de febreiro 2022. Tito Suárez, coordinador de deportes dos populares ribadenses, explica que “o goberno do BNG non so ten sen mantemento o campo municipal Pepe Barrera”. De feito, sinala ao exterior do pavillón da rúa Alfredo Deaño como outro exemplo “da incapacidade de traballo deste goberno local e do seu concelleiro de Deportes”.
O popular enumera “cristais rotos, pintadas, madeira exterior sen tratar, humidades que se aprecian no parqué interior ou farolas coas cables á vista. A imaxe exterior destas instalacións deportivas municipais é lamentable”, manifesta.
Tito Suárez advirte que “a falta mantemento é a demostración palpable da deixadez do goberno do BNG coas instalacións deportivas: traballar pouco ou, máis ben, nada. Aínda que se ten dedicación exclusiva”. Ademais, condena que “fotos si que sacan, pero só as que conveñen”.
Igual que reivindicou noutras ocasións a mellora e mantemento das instalacións deportivas tanto da vila como do rural, o popular volve a pedir ao goberno local que “planifique o traballo para coidar e manter en boas condicións as instalacións públicas”.
Os populares continúan a traballar “escoitando as queixas dos veciños para tratar de darlles solución”.