Os representantes da formación popular destes dous municipios continúan así a ofensiva iniciada estes días, pois insisten en que non se pode impulsar unha iniciativa como a indicada sen coñecer antes detalladamente o proxecto que está a tramitar o Ministerio de Transición e Reto Demográfico. Deste xeito, sinalan que “coa información que temos non podemos manifestarnos máis que en contra”.
Precisamente, esta desinformación está a xerar un gran malestar entre a poboación; de aí que dende o PP se dirixan aos respectivos alcaldes, defendendo, “unha vez máis”, información detallada respecto das previsións que manexa o departamento estatal para dita infraestrutura e de como afectará aos veciños.
Os populares de Alfoz e de O Valadouro agardan que os gobernos municipais destes dous concellos atendan as súas demandas, pois respostan, apuntan, “ao sentir da mioría dos residentes nestas dúas localidades”.