Rivas anuncia a presentación polo seu grupo de dúas iniciativas na sesión plenaria do xoves: “O PP defenderá dúas mocións que cremos son importantes e interesantes. Unha é para tratar de poñer en valor as salas de exposición do CENIMA, que pasan moito tempo baleiras. O equipo de Cultura está moi xusto de persoal. Precísase unha persoa para o CENIMA, que coordine ás exposicións, que faga de comisario, como houbo sempre e que financiou a Deputación de Lugo no seu momento”. Este, di Rivas, “é un servizo que non é só municipal; nesta sala expoñen moitísimo artistas de A Mariña, que para iso é o centro de interpretación de A Mariña”. Os populares din que se podería establecer “un convenio coa Deputación de Lugo, para que esta institución puidera expoñer aí as súas mostras itinerantes”. Piden a reparación da fachada, que está totalmente descoidada, chea de humidades. Rivas lembra que o PP xa llo dixo “ao alcalde hai máis dun ano, pero non fixo nada”.
O mesmo concelleiro popular explica: “A outra moción é en apoio do sector primario, que é fundamental no concello de Foz. O 40% da poboación do concello vive no rural e a economía do rural é moi prexudicada pola xestión do Goberno central, que está a subir os custos de produción, tanto da gandería, como na pesca e no forestal, mentres que os produtos non suben o seu valor”.
Rivas destaca que “o PP sigue facendo unha oposición construtiva no Concello de Foz, mentres o goberno máis caro da historia ten moito que mellorar”.